Exposicións
Benito Vicetto e a prensa ferrolá
Do ao
A sala Bello Piñeiro do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (Rúa Concepción Arenal, s/n) acolle até o vindeiro 6 de outubro a mostra Benito Vicetto e a historia da prensa ferrolá, unha exposición homenaxe ao literato, poeta e historiador Benito Vicetto no bicentenario do seu nacemento a través de bibliografía, imaxes e traballos realizados polo autor ferrolán, na que se aborda tamén a súa relación coa prensa local e a importancia desta no desenrolo social e económico da cidade.