Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2020

Do ao

Horario: Venres 26 de xuño a partir das 17:00 horas e sábado 27 de xuño de 11:30 a 13:45 horas

A Deputación de Pontevedra organiza a terceira edición do Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas, que reúne mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e a escritura. A deste 2020 é unha edición especial e diferente que se desenvolverá a través de internet o venres 26 e sábado 27 de xuño.

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais. A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos. O Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas reune a varias delas a fin de semana que vén no co seguinte programa:

Venres 26 de xuño

17:00 h Inauguración e benvida: Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, con Diana López e Susana Pedreira.
17:15 h Claudia Morán e Tamara Montero: "As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións". 
18:00 h Clara Jiménez Cruz: "Maldita.es: periodismo para que no te la cuelen"
18:45 h Magda Bandera: "Medios cooperativos con agenda propia y perspectiva de género. Proyectos colectivos"

Sábado 27 de xuño

11:30 h Noemí López Trujillo: "Reporterismo feminista. La elección de los temas y las voces protagonistas"
12:15 h Ángeles Caballero: "Actualidad política. Humor y color en la crónica"
13:00 h Sara Vila e Selina Otero. "A crise da COVID desde unha perspectiva local. A educación que vén"
13:45 h Despedida

Máis información e formulario de inscrición na web da Deputación de Pontevedra