Foro da Comunicación de Galicia
Do ao
Horario: Venres 20 de novembro a partir das 10:00 horas
Lugar: Expourense. Finca Sevilla, s/n. 32005 Ourense
Información de contacto:
Expourense
988 36 60 30
comunicacion@expourense.org
www.expourense.org
Expourense e o Clúster da Comunicación de Galicia organizan, co apoio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense e a colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, entre outras entidades, unha nova edición do Foro da Comunicación de Galicia. Este ano, o foro celébrase baixo o lema Comunicar en tempos de incertidume e terá lugar o venres 20 de novembro no recinto da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Finca Sevilla, s/n), ademais de poder ser seguido de maneira virtual.
Esta edición estará centrada en como a COVID-19 readaptou os plans de márketing e comunicacion, e rematará cunha mesa redonda na que participará Javier Fraiz, representante da demarcación de Ourense do CPXG, e na que se falará de cómo cambiou a forma de comunicar e as relacións entre empresas, medios e gabinetes.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da web de Expourense.