Galicia en Foco 2019

Do ao

O Club de Prensa de Ferrol convoca a vixésimo oitava edición do certame Galicia en Foco dirixido aos profesionais do fotoxornalismo galego. 

Poderán concorrer os fotoxornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia publicado en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

Os participantes terán que optar por unha das dúas modalidades establecidas: 'Foto do ano', no que enviarán como máximo tres fotografías en branco e negro ou cor; e a de 'Foto-reportaxe do ano', no que poderán presentar entre tres e cinco imaxes que formarán unha serie e que irán acompañadas dun texto explicativo da temática cun máximo de 800 carácteres.

Os fotógrafos terán que enviar as súas obras ao correo galiciaenfoco@clubdeprensadeferrol.com antes do vindeiro 24 de setembro.

Máis información nas bases do premio.