I Certame de microrrelatos xornalísticos José Luis Balbín
Do ao
Convócase, co patrocinio da Fundación Cajastur-Liberbank, o I Certame de microrrelatos xornalísticos José Luis Balbín, co que se pretende “fomentar e pór en valor o xornalismo como vehículo transmisor do que acontece no mundo, ponndo especial énfase na independencia, obxectividade e boa praxe no exercicio da liberdade de expresión, principios que rexiron a traxectora profesional de José Luis Balbín”.
Pode presentarse ao certame calquera persona, independentemente de que sexa ou non xornalista, cun microrrelato que non poderá exceder as 200 palabras, sen incluír o título. O tema é de libre elección. Estabelécese primeiro premio de 450 euros, unha edición especial do libro La Clave e un diploma acreditativo; un segundo premio de 250 euros e diploma, e un accésit de 100 euros e diploma.
Os participantes poden enviar as súas candidaturas até as 23:59 horas do 31 de decembro de 2020 ao correo electrónico comunicacion@joseluisbalbin.es.
Máis información nas bases do premio.