I Premio Cegasal de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

cegasalcomunicación@gmail.com

Cegasal, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, convoca a primeira edición do seu premio á mellor información xornalística sobre economía social, que conta coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Pode participar neste concurso calquera profesional que publique ou difunda información sobre economía social en prensa, radio, televisión, revistas ou publicacións dixitais. Cada xornalista concursante pode enviar un ou máis traballos.

As persoas interesadas deberán enviar copia dos traballos, (informacións escaneadas, arquivos de audio ou audiovisuais), á dirección de correo electrónico de Cegasal, cegasalcomunicación@gmail.com, antes de que finalice o 30 de marzo de 2017.  Tamén poderán enviarse os traballos concursantes por correo certificado, respectando os prazos anteriormente  fixados,  á sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, (San Pedro de Mezonzo - 36, 1º .15701 Santiago de Compostela).

O xurado concederá un único premio de 1.000 euros. O gañador ou gañadora será dado a coñecer nas webs de Cegasal e do CPXG na primeira quincena de abril de 2017.

Máis información nas bases do premio.