I Premio Coren de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

Departamento de Comunicación de Coren
Santa Cruz de Arrabaldo
32990 Ourense
988 36 94 00
comunicacion@coren.es

O Grupo Coren convocou o "Premio Coren de Xornalismo", un certamen que ten o fin de poñer en valor o papel dos medios de comunicación no desenvolvemento do sector agroalimentario galego, no marco dos actos do 55 aniversario da cooperativa ourensana. O premio está dotado con 6.000 euros.

Ao certame poden presentarse os traballos de prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais publicados en medios de comunicación editados en Galicia ou noutro ámbito xeográfico pero referidos a Galicia, entre o 1 de setembro de 2016 e o 30 de agosto de 2017, que teñan como tema "o sector agroalimentario de Galicia". 

Para optar ao premio é necesario presentar a proposta antes do 31 de agosto enviándoa ao Departamento de Comunicación de Coren, en Santa Cruz de Arrabaldo, 32990, Ourense ou ao correo electrónico comunicacion@coren.es. Poder ser presentadas polos interesados, pola dirección do medio no que foron publicadas, por institucións públicas ou polo propio xurado.