I Premio de Xornalismo argenteuil!

Do ao

Información de contacto:

estelapanvazquez@hotmail.com.

A revista argenteuil!, creada e dirixida por Estela Pan Vázquez e nada da necesidade de escribir para crear unha experiencia xornalística experimental, crea o Premio de Xornalismo argenteuil! co obxectivo de fomentar unha escrita alternativa.

Poderán presentarse artigos ao premio, con indicación do autor ou autora, que versen sobre unha aproximación sui generis a París e teñan unha extensión de entre 5 e 10 páxinas en letra Courier New a 12 puntos. Será preciso envialos xunto cun currículo do autor ou autora, entre o 15 de xullo e o 15 de setembro a estelapanvazquez@hotmail.com.

Os artigos premiados serán publicados na revista argenteuil!, aloxada dentro do espazo correspondente a Ronsel Pan na web da Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega.

Máis información e recepción de orixinais en estelapanvazquez@hotmail.com.