I Premio de Xornalismo Asociación de Periodistas de Investigación

Do ao

A Asociación de Xornalistas de Investigación de España (API) organizaa primeira edición dos seus premios, concibidos como “o balón de ouro dos xornalistas”, no que son os propios profesionais da información os que valoran o esforzo dos seus compañeiros.

Establécense tres categorías (Premio API, Premio API Local e Premio API de datos), nas que se aceptarán traballos publicados nun medio de comunicación ao longo do ano natural 2020 e con relación con España.  

As candidaturas deberán ser presentadas por un xornalista (aínda que outros profesionais poden gañar o premio), en calquera soporte (web, impreso, radio, audiovisual, outros) e achegarán unha carta de motivación na que expor o porqué de que o seu traballo sexa merecedor do I Premio API. A presentación de candidaturas pode facerse a través da páxina web da asociación até o 31 de marzo.

Máis información nas bases do premio