I Premio Enfermería e Xornalismo Isabel Zendal

Do ao

Información de contacto:

Consejo General de Enfermería
premioperiodistico@consejogeneralenfermeria.org

 

O Consejo General de Enfermería (CGE) convocou a primeira edición do Premio Enfermería e Xornalismo “Isabel Zendal”, co propósito de promover e recoñecer o labor dos xornalistas e divulgadores nos medios de comunicación españois pola súa contribución na difusión do labor da profesión de enfermería, nos seus diferentes ámbitos de actuación. 

O premio está dotado con 3.000 euros, repartidos en tres categorías: prensa escrita, radio/podcast e televisión, que recibirán 1.000 euros cada unha. Poderán participar artigos e reportaxes publicados ou emitidos en medios españois de calquera ámbito, entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024. Ademais, cada participante poderá presentar un máximo de 10 traballos, que poderán ser individuais ou elaborados en grupo.

O prazo de presentación conclúe o próximo o 16 de setembro de 2024. e a presentación de candidaturas realizarase a través do formulario dispoñíbel na web do Consejo General de Enfermería.

Máis información nas bases do premio.