I Premio Xornalístico SEOR
A Sociedad Española de Oncología Radioterápica e a Fundación Española de Oncología Radioterápica crearon o I Premio Xornalístico da Sociedad Española de Oncología Radioterápica (SEOR), co obxectivo de promover e recoñecer o labor dos xornalistas que contribúan a ampliar a difusión do coñecemento do cancro e á concienciación social fronte a esta enfermidade, ao que se sumaría o potencial impacto social derivado da publicación.
Poderán concorrer ao I Premio Xornalístico da SEOR todos os artigos e reportaxes publicadas ou emitidas durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, nos medios de comunicación españois (prensa escrita, medios online, radio e televisión).
O premio estará dotado con 2.000 euros. Poden enviarse os traballos a través da plataforma que se habilitará na web da SEOR. A data límite de recepción de traballos será o 15 de xaneiro de 2024.
Máis información nas bases do premio.