II Premio de Xornalismo Cidades Iberoamericanas de Paz

Do ao

A Unión de Cidades Capitais Iberoamericanas ( UCCI) organiza o II Premio de Xornalismo Cidades Iberoamericanas de Paz, un galardón para fomentar a realización de traballos de prensa escrita que describan o camiño das urbes iberoamericanas cara á paz e a erradicación das violencias ou poñan de manifesto os problemas que aínda se presentan para alcanzar eses obxectivos. 

Os traballos participantes deben ter sido publicados nalgún medio de comunicación (en calquera dos seus formatos) entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de novembro de 2018. As candidaturas poden presentarse tanto en español como en portugués.

A data límite de entrega será ás 24:00 horas do 1 de decembro de 2018, hora española. Para participar, cómpre enviar dous arquivos separados, cada un a unha dirección de correo electrónico diferente: o traballo, asinado con pseudónimo a premioperiodismo@ciudadesiberoamericanas.org. e o título do traballo, o pseudónimo e os datos da persoa autora a plicaconcursoperiodismo@ciudadesiberoamericanas.org

Premiaranse tres traballos, cada un dotado con 1.000 euros. Máis información nas bases do premio