II Premios Lilí Álvarez

Do ao

Información de contacto:

http://www.inmujer.gob.es/home.htm

http://www.csd.gob.es/

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO), en colaboración co Consello Superior de Deportes (CSD) convoca o Premio “Lilí Álvarez” para destacar os traballos xornalísticos que mellor contribuíran á difusión e defensa da igualdade entre mulleres e homes no ámbito deportivo e a visibilizar o deporte feminino en España.

Poderán participar persoas físicas que exerzan habitualmente o xornalismo, con nacionalidade española ou residentes en España e con 18 años cumpridos a 1 de xaneiro de 2016. Os traballos deberán ter sido publicados entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data de finalización do prazo para presentar candidaturas, e poderán estar realizados tanto en castelán como en calquera das linguas cooficiais do Estado.

Estabelécense catro categorías: traballos xornalísticos de texto, de gráfica, de radio ou audiovisuais, cunha dotación de 1.500 euros en cada unha das categorías. 

As candidaturas poden presentarse até as 15:00 horas do 3 de outubro de 2018 no Rexistro Xeral do IMIO (C/ Condesa de Venadito nº 34, 28027-Madrid), en calquera das oficinas e rexistros aos que fai referencia o punto 4 do artigo 16 da Ley 39/15, dirixidas ao Rexistro Xeral do IMIO, indicando no sobre ‘Premio “Lilí Alvarez” ou no Rexistro Electrónico común do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociaos e Igualdade.

Máis información na web do IMIO