II Premios Vaciero de Xornalismo Xurídico e Financeiro
Vaciero convoca os seus II Premios de Xornaliismo Xurídico e Financeiro, que teñen como obxectivo recoñecer o labor xornalístico de profesionais do sector que impulsen, co seu traballo diario, a divulgación e o desenvolvemento de información xurídica e financeira de calidade.
Pódese participar con calquera traballo xornalístico individual ou colectivo, orixinariamente elaborado en español, que se publicara en prensa escrita, dixital ou audiovisual entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018. Os candidatos poderán presentar un máximo de dúas pezas por categoría de extensión libre.
As candidaturas poden remitirse ata o 30 de novembro a través da sección “Enviar Candidatura” da web dos premios ou mediante o correo electrónico vaciero@vaciero.es, indicando no Asunto “II Premios Vaciero de Periodismo Jurídico y Financiero”.
Máis información nas bases do premio.