III Bolsa de Xornalismo sobre Desigualdade de Xénero

Do ao

Información de contacto:

cdelvillar@fnpi.org

A Fundación Gabriel García Márquez para o Novo Xornalismo Iberoamericano (FNPI) e Oxfam Intermón convocaron a Beca Oxfam FNPI 2019 sobre desigualdade de xénero dirixida a xornalistas de América Latina e España que publiquen en español.

A terceira edición da beca premiará unha reportaxe escrita ou crónica que retrate a desigualdade con 5.000 dólares para apoiar o proceso de elaboración de reportaxes, edición e publicación dun novo traballo.

Para presentarse necesario cumprimentar o formulario de inscripción, a través da web da FNPI, e achegar os seguintes documentos en español: unha autobiografía de máximo 800 palabras que faga énfase na experiencia xornalística e conte os motivos para participar na bolsa, e a presentación do artigo sobre unha temática pertinente á desigualdade de xénero e unha reportaxe ou crónica sobre desigualdade de xénero, publicada nun medio de América Latina ou España entre o 1 xaneiro de 2018 e o 30 de abril de 2019. O prazo para participar remata o 31 de maio.

Máis información nas bases do premio.