III Premio de Xornalismo María Luz Morales

Do ao

Información de contacto:

observatoricultural@gmail.com

A La Fundació Catalunya La Pedrera e o Observatori Cultural de Gènere, coa colaboración do xornal Ara convocan a terceira edición do Premio de Xornalismo María Luz Morales, ao que dá nome a que fose a primeira muller directora dun diario en España.

O premio ten por obxectivo incentivar traballos xornalísticos que versen "sobre o empoderamento das mulleres e os feminismos en calquera dos seus aspectos". Concederase un primeiro premio a un artigo xornalístico publicado en papel ou dixitalmente, dotado con 2.000 euros e un accésit para traballos breves aparecidos noutros formatos audiovisuais e dixitais (vídeos, webdocs, podcasts, etc.), dotado con 1.000 euros.

Os traballos deben ter sido publicados ou difundidos en 2018 en calquera das linguas do estado. Para participar cómpre enviar os traballos por correo electrónico a observatoricultural@gmail.com entes do 21 de xuño de 2019.

Máis información nas bases do premio