IV Encontro de Intelixencia Emocional da USC

Do ao

Horario: Sábado 5 de outubro de 2019 de 9:00 a 15:00 horas

Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Avenida de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela

Información de contacto:

enmenteusc.com

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela organiza o sábado 5 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela) o IV Encontro de Intelixencia Emocional da USC. O encontro, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 15:00 horas, consta de 6 obradoiros dinámicos e participativos, dun máximo de 40 persoas cada un. Cada asistente pode elixir e asistir a tres deles, disfrutando os colexiados e colexiadas do CPXG dun desconto especial no prezo de inscrición.

A actividade formativa consta de seis obradoiros a escoller por cada persoa asistente. As temáticas dos obradoiros serán as seguintes: Como xestionar a nosa ansiedade? Conecta coa túa serenidade (impartido por Manuel Darriba), Risa ben intencionada: : Claves para programar o noso sentido do humor (Emma Blanco), Non existen os fracasos, só as clases particulares: O poder de ser unha persoa resiliente (Manuel Conde), Ferramentas para o desenvolvemento de equipos eficientes, automotivados e autoxestionados (Patricia Rodríguez), Medo como aliado do equilibrio emocional (Libertad Culebras) e Nutrición e emoción: Como se alimenta o noso cerebro? (Belén Ventín).

A tarifa de inscrición para persoas colexiadas é de 31,50€ se se realiza a inscrición antes do 27 de setembro e de 40,50€ a partir dese día. Para inscribirse no Encontro, é preciso enviar a enmenteusc@gmail.com a ficha anexa nesta información, cuberta cos datos e os obradoiros escollidos, ademais de indicar que se é colexiado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. 

Máis información na web do encontro