IV Premio Internacional de Xornalismo Manuel Chaves Nogales
Do ao
A Deputación Provincial de Sevilla e a Asociación de la Prensa de Sevilla convocan o cuarto Premio Internacional de Xornalismo Manuel Chaves Nogales, co que se pretende "pór en valor traballos xornalísticos nos que concorran valores profesionais e humanos de honestidade e independencia".
O galardón consta de catro categorías: prensa en soporte papel ou dixital, radio, televisión e fotografía. Poderán optar ao premio xornalistas e fotoxornalistas de calquera nacionalidade con traballos publicados, difundidos ou emitidos entre o 1 de xuño de 2023 e o 31 de maio de 2024 en medios de comunicación, españois ou estranxeiros, en lingua castelá. Cada unha das catro categorías está dotada con 6.000 euros.
Os traballos deberán presentarse de maneira telemática no Rexistro Electrónico Único da Sede Electrónica da Diputación de Sevilla a través do Rexistro Electrónico Xeral da Deputación de Sevilla. O prazo de presentación finaliza o 30 de setembro.
Máis información nas bases do premio.