IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista

Do ao

O Concello de Redondela convoca o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista, que busca recoñecer o traballo que realizan as e os profesionais do xornalismo que, á hora de tratar temas relativos á violencia de xénero, fuxan dos sensacionalismos e salvagarden a intimidade tanto das vítimas coma das súas familias

O premio, dotado con 1.500 euros en metálico, está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024. Os traballos poden presentarse en lingua galega ou castelá, pero valorarase con maior puntuación os realizados en lingua galega.

Amais dos profesionais de xeito individual, tamén poderán presentar propostas e candidaturas os xornais, radios ou televisións. Neste caso, de resultar premiado o traballo, a beneficiaria e quen recibirá o premio será a persoa autora do traballo. Só se poderá presentar un traballo por persoa, prevalecendo a candidatura do/a autor/a no caso de coexistiren máis dunha.

As candidaturas deberán ser presentadas antes do 30 de setembro do 2024. Pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello de Redondela, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou nos lugares que sinala o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de non presentar a solicitude no rexistro ou na sede electrónica do concello, a persoa ou entidade aspirante deberá dirixir ao enderezo electrónico: igualdade@redondela.gal, e con anterioridade ao remate do prazo, unha copia da solicitude na que conste o rexistro de entrada e a documentación que achegue, para os efectos de que poida ser incluída na relación de persoas ou entidades admitidas.

Máis información nas bases do premio