IV Premios de Xornalismo Xornalismo e Sector Pesqueiro Español

Do ao

Información de contacto:

Confederación Española de Pesca (CEPESCA)
C/ Doctor Fléming número 7-2º derecha 
28036 Madrid
premiosperiodismo@cepesca.es

A Confederación Española de Pesca (Cepesca) convocou a cuartaedición dos Premios Xornalismo e Sector Pesqueiro Español, unha iniciativa que ten como obxectivo recoñecer o labor dos medios de comunicación e dos profesionais da información na difusión e a mellora do coñecemento da actividade do sector pesqueiro.

O premio conta recoñece os mellores traballos xornalísticos (xornalistas) e o mellor labor de difusión de medios de comunicación (persoas xurídicas) en dúas categorías: "Sector Pesqueiro Español" e "Sustentabilidade e Medio Ambiente na Pesca", ademais dun premio á "Mellor Fotografía de Actividade Pesqueira". Poden presentarse traballos xornalísticos publicados entre o 15 de outubro de 2019 e o 15 de outubro de 2020, ambos inclusive, tanto en formato escrito (impresos ou en soporte electrónico) como audiovisual, en calquera das linguas oficiais do estado español.

Na categoría de xornalistas e fotógrafos, o premio establecido ten unha dotación económica de 1.000 euros e un galardón e, na de medios de comunicación, un galardón honorífico. Os traballos poden enviarse até o 15 de novembro ao enderezo electrónico premiosperiodismo@cepesca.es.

Máis información nas bases do premio.