IV Premios ESET de Xornalismo e Divulgación en Seguranza Informática

Do ao

Información de contacto:

comunicacion@eset.es

ESET España convoca a cuarta edición dos Premios ESET de Xornalismo e Divulgación en Seguranza Informática, cos que quere estimular a vocación pola información na área da ciberseguranza.

Poden participar xornalistas de España e Andorra que publicaran nun medio español ou andorrano entre o 11 de xuño de 2019 e o 30 de setembro de 2017 algún traballo xornalístico (artigo, blog, podcast, ou reportaxe escrita, radiofónica ou televisiva) que tratara temas de ciberseguranza. Pódese participar cun máximo dun traballo por categoría.

Nesta edición, ábrense as categorías e modifícanse os premios. Así, outorgarase un premio principal por categoría: audiovisual (con traballos emitidos en radio ou televisión), prensa escrita (con traballos publicados en medios de comunicación tanto físicos como dixitais), blogs (con publicacións en sitios web persoais) e social media (con traballos publicados en Instagram Live, YouTube, podcasts, charlas didácticas en ferramentas de colaboración ou calquera outro medio dizital non recollido nas anteriores categorías). En cada categoría, ademais do ganador, haberá dous finalistas.

As persoas interesadas deben inscribirse envíando un correo a comunicacion@eset.es anexando o traballo e indicando nome e apelidos, teléfono de contacto, categoría na que se participa e medio no que se publicou o traballo. O día 15 de novembro de 2020 remata o prazo para presentarse ao concurso.

Máis información na web do premio