"Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas"

Do ao

Horario: De 10:00 a 20:00 do luns, 1 de febreiro de 2021 ao mércores, 3 de marzo de 2021

Lugar: Biblioteca Pública de Lugo. Avenida Ramón Ferreiro, 23. 27002 Lugo

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia organiza a exposición "Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas", que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. A mostra estará aberta até o mércores, 3 marzo na Biblioteca Pública de Lugo (Avenida Ramón Ferreiro, 23).

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morais, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Igrexas, Concepción Arenal, Clara Curral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

A exposición estará aberta no horario da biblioteca, das 10:00 ás 20:00 horas e o acceso é gratuíto.