Premio Codespa de Xornalismo para o Desenvolvemento

Do ao

Información de contacto:

Fundación Codespa
Calle Rafael Bergamín, 12-Bajo
28043 Madrid  
www.codespa.org
candidaturas@premioscodespa.org

A Fundación Codespa convoca a XX edición dos Premios Codespa, entre os que se atopa o premio de Xornalismo para o Desenvolvemento, que ten por obxectivo recoñecer o traballo daqueles profesionais dos medios de comunicación españois que axuden a impulsar a sensibilización social sobre os problemas que afectan a persoas que viven na pobreza e as solucións que se están a dar para saír desta situación.

Para participar nos Premios Codespa é condición indispensable cumprimentar o formulario aloxado na súa páxina web e envialo por e-mail á dirección candidaturas@premioscodespa.org, indicando como asunto "XX Premios Codespa", así como a categoría "Periodismo para el Desarrollo". O prazo oficial para a presentación de candidaturas finaliza o luns 15 de outubro de 2018, incluído.

Máis información nas bases do premio.