Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Do ao

Información de contacto:

pxornal@ragc.gal

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas.

O galardón vai premiar con 3.000 euros o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado entre o o 1 xuño de 2019 e o 20 de maio de 2020 en calquera medio galego ou edición galega dun medio estatal, sexa diario dixitais ou en papel, radio ou televisión. A maiores, concederase un accésit de 1.000 euros ao segundo traballo mellor valorado.

As persoas interesadas poden presentar ao concurso (a título individual ou en equipo) novas, crónicas ou reportaxes que teñan como tema principal “calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia”. As candidaturas deben presentarse mediante o formulario dispoñíbel na web, enviándoo a a pxornal@ragc.gal, acompañado da documentación precisa. O prazo de recepción de candidaturas remata o 15 de xuño. 

Máis información nas bases do premio