Premio de Xornalismo en Innovación e Sustentabilidade Agroalimentaria

Do ao

Información de contacto:

EIT Food
CLCSouth@eitfood.eu

 

O consorcio europeo EIT Food convocou o Premio de Xornalismo en Innovación e Sustentabilidade Agroalimentaria para difundir entre a sociedade bos hábitos e iniciativas saudábeis.

Poderán optar ao mesmo aqueles profesionais da comunicación que publicaran, emitiran ou difundiran traballos xornalísticos, en calquera dos seus xéneros, desde o 30 de setembro de 2018 ata o 10 de novembro de 2019, en calquera medio de comunicación de España, xa sexa en prensa, en radio, en televisión ou internet.

As candidaturas deben enviarse, antes do 15 de novembro, por correo electrónico ao enderezo: CLCSouth@eitfood.eu.

Máis información nas bases do premio.