Premio de Xornalismo Lorenzo Natali 2023
A Dirección Xeneral de Asociacións Internacionais da Comisión Europea convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Lorenzo Natali, creado en 1992 para recoñecer a excelencia na información de temas relacionados coa desigualdade, a erradicación da pobreza, o desenvolvemento sustentábel, o medio ambiente, a biodiversidade, a acción polo clima, os medios dixitais, o emprego, a educación e o desenvolvemento do talento, as migracións, a asistencia sanitaria, a paz, a democracia e os dereitos humanos.
Os xornalistas poden optar ao premio nas seguintes tres categorías: Premio Internacional, Premio Europa (ambos os dous abertos a xornalistas cuxos medios teñan a súa sede central nun dos países socios da Unión Europea), e Premio ao mellor xornalista emerxente, aberto a xornalistas menores de 30 anos cuxos medios teñen a súa sede central nun estado membro da UE ou un dos seus países asociados. O gañador de cada categoría recibirá 10 000 euros. O gañador da categoría "Mellor xornalista emerxente" terá ademais unha oportunidade laboral nun medio de comunicación asociado.
Os traballos deben ter sido publicados entre o 10 de marzo de 2022 e o 9 de marzo de 2023. Para participar, é preciso cubrir o formulario online antes das 23:59 horas do 28 de abril.
Máis información nas bases do premio.