Premio de xornalismo 'Xosé Aurelio Carracedo'

Do ao

A Deputación de Ourense convoca o premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo", para o ano 2017, consistente nun único premio de 3.000 euros. Ao galardón poden optar todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais 

Os traballos que opten ao premio teñen que ter sido publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017, tanto en medios de comunicación galegos ou que se refiran a Galicia, tendo unha puntuación extra os traballos escritos en lingua galega.

O xurado do premio de xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo" estará presidido polo presidente da Diputación de Ourense ou por unha persoa na que delegue a devandita responsabilidade. Como vocais, haberá representantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a Federación de Asociacións de Xornalistas, a facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, de ciencias sociais e comunicación da Universidade de Vigo. O secretario, que terá voz pero non voto, será o responsable de comunicación da deputación de Ourense.

O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o próximo 16 de marzo.