Premio Saliou Traoré de xornalismo
A Axencia EFE e Casa África lanzan a primeira edición do Premio Saliou Traoré de xornalismo en español sobre África, dotado con 5.000 euros e unha estatuilla conmemorativa deseñada por un creador africano.
Poden aspirar a estes premios xornalistas de calquera nacionalidade que publicaran traballos sobre o continente africano ou de temática africana en idioma español entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. Ademais poderán propoñer candidaturas a este premio asociacións profesionais de xornalistas, institucións, así como os responsables de Casa África e os delegados da Axencia EFE en todo o mundo.
Pódense presentar traballos antes do 15 de maio de 2019 a través das delegacións da Axencia EFE en todo o mundo, do envío directo á central da Axencia EFE (Avenida de Burgos, 8 B. 28036 Madrid) ou por correo electrónico a premios@efe.com.
Máis información nas bases do premio.