Premio Shireen Abu Akleh para mulleres xornalistas

Do ao

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) e a Unión Internacional de Prensa Francófona (UPF) crean o premio Shireen Abu Akleh para reconocer "a coraxe e o compromiso das mulleres xornalistas". O galardón leva o nome da xornalista palestina asasinada en 2022 no campo de refuxiados de Ienín e está dotado con 5.000 euros. 

A presentación de candidaturas para o Premio Shireen Abu Akleh está aberta a xornalistas e profesionais dos medios de comunicación de todo o mundo, independentemente da nacionalidade, idioma de traballo ou plataforma de medios. As candidatas deben ter un carné de prensa profesional ou unha acreditación profesional recoñecida. Poden nomearse elas mesmas, ou tamén poden facelo os seus medios de comunicación ou terceiras persoas, acompañando sempre a candidatura dunha descrición detalladas das súas contribucións xornalísticas.

As candidaturas poden enviarse até o 15 de outubro deste ano aos enderezos electrónicos ifj@ifj.org e sg@presse-francophone.org.

Máis información aquí.