Presentación de 'La conexión gallega' en Vilalba

Do ao

Horario: Venres 22 de febreiro a partir das 20:30 horas

Lugar: Casa da Cultura. Plaza Suso Gayoso, 1. 27800 Vilalba

O venres 22 de febreiro, o xornalista Perfecto Conde estará en Vilalba para presentar a edición de 2018 do libro La conexión gallega. Del tabaco a la cocaína, exemplo de xornalismo de investigación cuxa primeira edición se publicou a finais de 1991 e inspirou numerosos traballos posteriores. O autor estará acompañado neste acto por Moncho Paz, xornalista e presidente de Amigos de Prisciliano, e por Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos. A cita será na Casa da Cultura da capital chairega (Plaza Suso Gayoso, 1), a partir das 20:30 horas.

A primeira edición de La conexión gallega, del tabaco a la cocaína 
 
Perfecto Conde naceu en Xinzo (A Pontenova, Lugo) o 13 de abril de 1943. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e Xornalismo en Madrid. Comezou o seu traballo de xornalista no desaparecido Diario SP de Madrid. Foi secretario de Redacción da revista Chan e traballou para TVE, a BBC, a Televisión Française 1, a Radiodifusão Portuguesa, os semanarios Triunfo, Cambio 16, Gaceta Universitaria, Teima, Qué ou Tiempo e para os xornais La Región, El Progreso, Avui e El Periódico de Cataluña. Foi o primeiro correspondente do xornal El País en Galicia, ata 1982, delegado do Grupo Zeta en Galicia ata 1984, e redactor do semanario Interviú, publicación na que exerceu os cargos de xefe de Investigación e redactor xefe de Sucesos ata 1995. De volta a Galicia, foi director da revista Gam e xefe de Comunicación do Concello de Ferrol. Rematou a súa carreira profesional como redactor do semanario A Nosa Terra