Presentación pública de Xornalistas Galegas

Do ao

Horario: Sábado 10 de novembro a partir das 11:00 horas

Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n)

Información de contacto:

xornalistasgalegas@gmail.com
@asxornalistas
xornalistasgalegas.org

A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación, preséntase publicamente este sábado 10 de novembro ás 11 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Avenida de Castelao, s/n).

A catedrática de comunicación e xornalista Margarita Ledo e a teórica feminista Rosa Cobo acompañarán a Xornalistas Galegas na súa presentación pública. O acto de presentación da asociación contará tamén cunha mesa de expertas (coa presenza de Paz Filgueira, Joana Magalhães, Alba Nogueira, Silvia Pérez Freire, María Xosé Porteiro e Elena Roca) que falarán da necesidade dun xornalismo con perspectiva feminista. A mesa estará moderada pola xornalista Antía Díaz.

Ademais, integrantes do colectivo debullarán as liñas de traballo e os obxectivos nos que se centrará a asociación nos próximos meses. No acto detallaranse os propósitos que perseguen as iniciativas do colectivo Xornalistas Galegas, e as actuacións levadas a cabo ata o momento.

Máis información na web de Xornalistas Galegas.