VI Premio de Xornalismo Mesa del Tabaco

Do ao

Información de contacto:

Mesa del Tabaco
C/ Golfo de Salónica 27, 5.º A
28033, Madrid.
914.312.472. 

A Mesa del Tabaco convoca o seu sexto Premio de Xornalismo co que quere recoñecer aqueles traballos publicados en prensa escrita, radio, televisión e/ou medios dixitais que destaquen por dar a coñecer a lexislación e desafíos regulatorios que afectan o sector, a innovación nos diferentes elos da cadea produtiva, e a importancia socioeconómica do sector.

Ao premio poderán aspirar aqueles traballos publicados ou difundidos en medios impresos, audiovisuais e/ou dixitais entre o 1 de agosto de 2020 e o 31 de xullo de 2021. Estabelécese un primeiro premio de 10.000 euros e dous accésits de 5.000 euros cada un, así como senllas esculturas en cada galardón. 

Os traballos deben enviarse antes do 31 de xullo de 2021 en soporte digital ao correo electrónico premios@mesadeltabaco.es.

Máis información nas bases do premio