VI Premios Desalambre
Do ao
O xornal dixital eldiario.es convoca a sexta edición dos Premios Desalambre co obxectivo de recoñecer o traballo comprometido do xornalismo e da sociedade civil en xeral, en materia de promoción e defensa dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.
Na categoría de xornalismo, outorgaranse tres premios de mil euros cada un: Premio Desalambre ao mellor traballo gráfico ou multimedia, Premio Desalambre á mellor crónica ou reportaxe e Premio Desalambre á perseveranza (que premiará unha traxectoria profesional.
Poderanse presentar aos galardóns os traballos publicados entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024 en calquera medio de comunicación profesional en España.
A presentación de candidaturas ten que facerse a través da páxina dos premios até o 3 de novembro de 2024 ás 23:59 horas.
Máis información nas bases dos premios.