VII Concurso de Comunicación Científica IGFAE C3
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) convoca a sétima edición do Concurso de Comunicación Científica (IGFAE C3), que ten como obxectivo fomentar o interese pola cultura científica e estimular a aprendizaxe da Física e os seus fundamentos.
O certame está aberto a persoas de calquera país e divídese en catro categorías, cada unha delas dotadas con 400 euros: fotografía científica, artigo divulgativo, vídeo divulgativo e proxectos orixinais. Anímase especialmente a participar ao persoal investigador dos organismos públicos de investigación; estudantes de doutoramento, máster e grao; alumnado de ESO e Bacharelato e profesorado que traballa no ámbito da docencia da Física, así como profesionais da divulgación científica e xornalistas..
O período de inscrición no concurso acaba o 31 de outubro de 2024 ás 23:59 (hora de Santiago de Compostela). As propostas deben enviarse aos correo electrónicos habilitados para cada unha das categorías: fotos-C3-2024@igfae.usc.es (Fotografía científica), artigos-C3-2024@igfae.usc.es (Artigos divulgativos), videos-C3-2024@igfae.usc.es (Vídeos divulgativos) e proxectos-C3-2024@igfae.usc.es (Proxectos orixinais).
Máis información na web do IGFAE.