VII Premio Gabriel García Márquez de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

premio@fundaciongabo.org

A Fundación Gabriel García Márquez para el Nuevo Periodismo Iberoamericano (FNPI) convoca a VII edición do Premio Gabriel García Márquez de Xornalismo, co obxectivo de "promover un mellor xornalismo, a procura da excelencia, a innovación, o rigor no tratamento dos feitos e a coherencia ética por parte dos xornalistas que traballan e publican de xeito regular en español e portugués para o público de América, España e Portugal".

As inscricións están abertas ata o 23 de maio para os xornalistas que publiquen traballos en español ou en portugués entre o 1 de abril de 2018 e o 31 de marzo de 2019, en calquera formato ou tipo de medio. O galardón consta de catro categorías: Texto, Imaxe, Cobertura e Innovación. Cada un dos catro ganadores do Premio Gabo recibirá 33 millóns de pesos colombianos e un exemplar da escultura Gabriel, da autoría de Antonio Caro.

Máis información nas bases do premio