VII Premios de Comunicación de Oriva

Do ao

Información de contacto:

premiosoriva@oriva.es

Oriva, a Interprofesional do Aceite de Oruxo de Oliva, convoca os VII Premios de Comunicación de Oriva para estimular e recoñecer a aqueles xornalistas, divulgadores e profesionais que informen con rigor sobre este produto e o seu sector. 

Aos premios poden optar aqueles traballos xornalísticos e divulgativos sobre Aceite de Oruxo de Oliva que foran publicados desde o 31 de outubro de 2023 até o 31 de outubro de 2024. Establécense tres categorías en función do medio (audiovisual, impreso e dixital) que darán lugar a tres premios independentes dotados, cada un, con 2.500 euros. Ademais hai un accésit á mellor publicación nunha rede social, dotado con 1.000 euros.

A documentación ten que enviarse a través do formulario habilitado na páxina web da asociación. O prazo para a presentación de candidaturas finalizará o 13 de novembro. 

Máis información nas bases do premio