XII Premio Internacional de Xornalismo Julio Anguita Parrado

Do ao

Información de contacto:

Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado
Sindicato de Periodistas de Andalucía
Calle Hileras, 1. 3º F
18001 Granada-España
comunicacion@spandalucia.com

O Sindicato de Periodistas de Andalucía (SPA) convoca o XI Premio Internacional de Xornalismo Julio Anguita Parrado, en memoria do xornalista cordobés falecido o 7 de abril de 2003 na guerra de Irak. O galardón conta co patrocinio do Concello de Córdoba, a Universidade de Córdoba, a Junta de Andalucía e o Parque Joyero de Córdoba.

As candidaturas poderán ser presentadas por calquera órgano de dirección do Sindicato de Periodistas de Andalucía ou calquera outra organización sindical adscrita á Federación de Sindicatos de Xornalistas, así como os órganos executivos de sindicatos de xornalistas doutros países e que estean vinculados á Federación Internacional de Xornalistas. Tamén poderán propór candidaturas, a través dos seus órganos directivos, as organizacións profesionais do ámbito xornalístico, incluídos os medios de comunicación.

As candidaturas deben enviarse por vía postal a Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado. Sindicato de Periodistas de Andalucía. Calle Hileras, 1. 3º F. 18001 Granada-España ou por correo electrónico a comunicacion@spandalucia.com, acompañadas de memoria motivada, e do currículum da persoa candidatada, antes do 5 de marzo de 2019.

Máis información das bases do premio.