XIII Premio Paco Rabal de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

Fundación AISGE
Calle Ruiz de Alarcón 11 
28014 Madrid
fneira@fundacionaisge.es

AISGE convoca a décimo terceira edición do Premio Paco Rabal de Xornalismo, que recoñece os mellores artigos, reportaxes ou entrevistas sobre a realidade do traballo dos actores, bailaríns, dobradores ou directores de escena. O certame está dotado con 5.000 euros para o gañador, cun accésit de 3.000 euros e o premio Joven Promesa, de 1.000 euros.

Os artigos candidatos deben ter sido publicados entre o 16 de xullo de 2018 e o 15 de xullo de 2019, en calquera das linguas oficiais do Estado español e nun medio escrito, con independencia da súa periodicidade, difusión ou formato (físico ou dixital).

Os traballos deben remitirse antes das 23.59 do vindeiro 6 de outubro á sede central da Fundación AISGE (Calle Ruiz de Alarcón 11, 28014 Madrid) ou través da dirección electrónica fneira@fundacionaisge.es. Xunto ao traballo, nun sobre pechado, deberá acompañarse un breve currículo do autor (non máis de 15 liñas), un teléfono, un correo electrónico de contacto e unha copia do DNI.

Máis información nas bases do premio