XIV Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz
Do ao
Información de contacto:
Ayuntamiento de Badajoz
Concejalía de Cultura.
C/ Soto Mancera, n.º 8
06002 Badajoz
O Concello de Badajoz convoca o XIV Premio de Xornalismo Cidade de Badajoz co obxectivo de recoñecer os mellores traballos "encadrados en calquera xénero xornalístico escritos en español que sexan publicados en medios de comunicación impresos e editados en calquera lugar do mundo" entre o 1 de novembro de 2016 e o 11 de setembro de 2017. O premio está dotado con 6.000 euros.
A temática dos traballos é libre, pero o xurado "prestará especial atención a aqueles traballos que desenvolvan novas técnicas profesionais e aos que se distingan pola súa innovación e calidade profesional".
O prazo límite para a recepción dos traballos expira ás 12:00 horas do 12 de setembro de 2017. A entrega deberá realizarse no Ayuntamiento de Badajoz (Concejalía de Cultura. C/ Soto Mancera, n.º 8, 06002 Badajoz), en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, excepto os festivos.
Máis información nas bases do premio.