Xornada sobre o dano cerebral adquirido: 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética'

Do ao

Horario: Sábado 28 de setembro das 9:00 ás 14:45 horas.

Lugar: Facultade de Filosofía da USC. Praza de Mazarelos. 15782 Santiago de Compostela

A Federación Galega de Dano Cerebral organiza o vindeiro 28 de setembro en Santiago unha xornada sobre o dano cerebral adquirido dedicada á reflexión sobre 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética'. O encontro vai ter lugar na Facultade de Filosofía da USC entre as 9:00 e as 14:45 horas, e contará coa intervención de María José Cachafeiro, integrante da Asociación de Investigadores en eSalud e da iniciativa 'Salud sin bulos'..

O programa comeza ás nove e media da mañá coa intervención do psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) Miguel Anxo García Álvarez, que vai reflexionar sobre ‘Como protexer o que é valioso en situación de conflito ético?’. A continuación, a profesora da Universidade de Deusto María Jesús Goikoetxea vai introducir ‘O papel dos comités de ética en servizos sociais’, unha figura que aínda non está implantada en Galicia. Ás 12:30 María José Cachafeiro impartira a conferencia ‘Saúde na Rede. Como diferenciar a información veraz dos bulos?’. Pechará a xornada ás 13:30 o profesor e investigador da Escola Andaluza de Saúde Pública José Luis Bimbela cunha ponencia sobre ‘Ética práctica para unha mellor comunicación no ámbito socio-sanitario’.

Máis información na web da Fegadace. A inscrición nas xornadas é gratuíta e pode facerse a través desta ligazón