Xornalismo Con Perspectiva De Xénero

Do ao

Horario: Venres 29 de novembro das 20:30 ás 22:00 horas

Lugar: Salón García. Rúa Alcalde Rey Daviña, 14, 36600 Vilagarcía de Arousa

O Soño de Lilith organiza o acto 'Alianzas Feministas: Xornalismo Con Perspectiva De Xénero', unha xuntanza para falar da importancia dunha comunicación feminista dende o xornalismo que terá lugar o vindeiro venres 29 de novembro ás 20:30 horas no Salón García de Vilagarcía de Arousa (Alcalde Rey Daviña, 14). 

A xuntanza vai contar con Montse Fajardo como presentadora e moderadora e Emma Araujo, en representación da asociación Xornalistas Galegas, que explicará o marco de debate. Participarán no coloquio, ademais delas, Fátima Frieiro, xornalista en Diario de Arousa; Rosa Estévez, xornalista en La Voz de Galicia; e Alba Tomé, especialista en comunicación e representante de O soño de Lilith.

Máis información aquí