XV Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego e XXXIX Premio de Xornalismo Julio Camba

Do ao

Información de contacto:

Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26
36202 Vigo
premios@afundacion.org

Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan a XXXIX edición do Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán e a XV edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego.

A esta nova convocatoria poderanse presentar unicamente artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital.

Só se permite achegar un texto por autor que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. O prazo de presentación dos traballos rematará o 27 de abril de 2018.

Máis información nas bases dos premios.