XV Premio Xornalístico de Seguridade Vial

Do ao

Información de contacto:

Trescom, Equipo Fundación Línea Directa
C/ Claudio Coello, 124
28006 Madrid
premio.lineadirecta@trescom.es

A Fundación Línea Directa convocou a decimoquinta edición do Premio Xornalístico de Seguridade Vial, un galardón que pretende recoñecer o labor realizado polos profesionais da información que contribúan a fomentar a seguridade nas estradas españolas.

Poden presentar os seus traballos todos os xornalistas e profesionais da información, calquera sexa a súa nacionalidade, que difundiran ou publicaran noticias sobre seguridade vial en España entre o 1 de marzo de 2017 e o 1 de marzo de 2018 nalgún dos diarios, revistas, medios online, cadeas de televisión ou emisoras de radio, indistintamente do seu ámbito de difusión (local, rexional ou nacional).

A admisión de orixinais está aberta ata o día 1 de abril de 2018. Os traballos deberán ser enviados vía correo ordinario a Trescom, Equipo Fundación Línea Directa (c/ Claudio Coello, 124, 28006 Madrid), ou por correo electrónico a premio.lineadirecta@trescom.es.

Máis información nas bases do premio.