XVII Premio Internacional de xornalismo Manuel Alcántara

Do ao

A Universidade de Málaga, Prensa Malagueña, editora do Diario Sur, e a Fundación Manuel Alcántara abren a convocatoria do XVII Premio Internacional de Xornalismo Manuel, á que poderán concorrer os traballos xornalísticos publicados durante o pasado ano en calquera medio escrito de fala hispana, en soporte papel ou dixital. 

O premio ten dúas modalidades: 'Xornalistas Novos', dotada con 4.000 euros, na que poden participar nela licenciados e graduados en Xornalismo menores de 35 anos con traballos publicados entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2019, en calquera medio escrito de fala hispana difundido en soporte papel ou dixital; e 'Traxectoria' aberta a calquera profesional do xornalismo cuxo traballo responda aos parámetros de calidade e rigor exixibles na profesión.

As candidaturas a 'Xornalistas novos' deberanse presentar telemáticamente, a través do enlace https://www.formpl.us/form/895706063 mediante a formalización do correspondente formulario que permitirá a inserción dos documentos esixidos. No caso da modalidade traxectoria, poderán promover as candidaturas o Vicerreitorado de Cultura e Deporte da Universidade de Málaga, a Fundación Manuel Alcántara, o Diario Sur e calquera outra entidade profesional ou educativa vinculada co xornalismo, a través do correo electrónico concursoscultura@uma.es. O prazo de presentación de candidaturas vai do 17 ao 27 de febreiro de 2020.

Máis información nas bases do premio