XVIII Premio Xornalístico de Seguridade Viaria

Do ao

Información de contacto:

Trescom, Equipo Fundación Línea Directa
Calle Naranjo, 9 Mad Hat
28039 Madrid
premio.lineadirecta@trescom.es.

A Fundación Línea Directa convocou a décimo oitava edición do Premio Xornalístico de Seguridade Viaria, un galardón que pretende recoñecer o labor realizado polos profesionais da información que contribúan a fomentar a seguridade nas estradas españolas.

Baixo o lema “Falar de Seguridade Viaria merece un Premio”, o premio consta de tres categorías: Prensa e Medios Online, Radio e Televisión, dotadas cada unha delas con 10.000 euros.

Poden presentar os seus traballos todos os xornalistas e profesionais da información, calquera sexa a súa nacionalidade, que difundiran ou publicaran noticias sobre seguridade viaria en España entre o 1 de marzo de 2020 e o 1 de marzo de 2021 nalgún dos diarios, revistas, medios online, cadeas de televisión ou emisoras de radio, indistintamente do seu ámbito de difusión (local, rexional ou nacional).

A admisión de orixinais está aberta ata o día 9 de abril de 2021. Os traballos deberán ser enviados vía correo ordinario a Trescom, Equipo Fundación Línea Directa (Calle Naranjo, 9 Mad Hat, 28039 Madrid), ou por correo electrónico a premio.lineadirecta@trescom.es.

Máis información aquí.