XVIII Premios Xornalísticos Ecovidrio

Do ao

Información de contacto:

www.ecovidrio.es
premios@ecovidrio.es
91 702 71 70

Ecovidrio convoca os seus Premios Xornalísticos 2017. O obxectivo dos galardóns é promover e recoñecer a divulgación de valores medioambientais, da reciclaxe en xeral e da reciclaxe de vidro en particular. O prazo para presentar candidaturas remata o 15 de novembro. 

As pezas informativas -artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías, posts,, chíos e campañas dixitais- deberán terse publicado e/ou emitido nalgunha das linguas oficiais do territorio español entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de setembro de 2017, e poderán presentarse ata o próximo 15 de novembro de 2017. O galardón está dotado con 3.000 euros para o gañador de cada unha das candidaturas: Televisión, Radio, Prensa (impresa e dixital) e Mellor campaña 2.0.

Alén diso, Ecovidrio reconocerá aquela “Persoalidade Ambiental do Ano” que máis contribuíra coa súa dedicación ou impulso persoal á reciclaxe, en particular á de vidro. Outorgarase tamén o galardón "Maior Impacto Cidadán" á iniciativa que contribúa á movilización ou concienciación da cidadanía, ao desenvolvemento sostenible, o coidado do medio ambiente, ou que impulse os valores de colaboración e economía circular. Estes recoñecementos serán honoríficos e non conlevarán dotación económica.

Máis información nas bases do premio