XX Premios Codespa

Do ao

Información de contacto:

candidaturas@premioscodespa.org

A Fundación Codespa convocou a XX edición dos seus premios. Unha das categorías recoñece o xornalismo para o desenvolvemento co que Codespa quere premiar o traballo dos profesionais dos medios españois que contribúan á sensibilización social sobre os problemas que afectan a persoas que viven na pobreza e as solucións que se están dando para saír da súa situación.

Os traballos que aspiren ao galardón deben ter sido publicados nun medio de comunicación español entre xuño de 2016 e xuño de 2018.A presentación das candidaturas deberá ir acompañada dunha constatación explícita do propio medio no que se publicou o traballo.

As persoas interesadas en participar teñen que cumprimentar o formulario de inscripción e envialo por correo electrónico antes do 15 de outubro de 2018 a candidaturas@premioscodespa.org, indicando no asunto XX Premios Codespa e a categoría.

Máis información nas bases do premio