XXI Premios Tiflos de Xornalismo

Do ao

A ONCE convocou a XXI edición dos Premios Tiflos de Xornalismo para as categorías de prensa escrita, radio, televisión e xornalismo dixital. O galardón conta cunha dotación de 9.000 euros para o traballo ganador en cada categoría.

O Premio concederase aos traballos publicados que, a xuízo do xurado, mellor exalten os valores relacionados coa integración das persoas con discapacidade e a eliminación de barreiras físicas e mentais que, en determinadas ocasións, impón a sociedade. En particular, serán valoradas aquelas obras que se refiren á superación individual ou colectiva destas barreiras. Os traballos, sen extensión nin formato predeterminados, deben ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, segundo establecen as bases.  Os traballos poden presentarse en calquera lingua oficial do Estado, tendo en conta que os que se presenten nunha lingua distinta ao castelán deben achegar tradución.

A data de recepción dos mesmos conclúe o 25 de xaneiro de 2018. Os candidatos deberán enviarse, por triplicado, ao Consejo General de la ONCE, Dirección de Comunicación e Imagen, C/ La Coruña nº 18, 28020 (Madrid), facendo constar no sobre que se dirixen aos "Premios Tiflos de Periodismo".

Máis información nas bases do premio.