XXIII Premio de Xornalismo 'Miguel Delibes'

Do ao

Información de contacto:

APV (Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes)
Apartado de Correos 401
47080 Valladolid

A Asociación da Prensa de Valladolid (APV) convoca o XXIII Premio Nacional de Xornalismo 'Miguel Delibes0, que recoñece valíaa de traballos centrados na defensa do bo uso do idioma español. O premio conta con EspañaDuero como patrocinador principal e co patrocinio da Universidade de Valladolid, a Fundación Miguel Delibes, a Fundación Villalar e a bodega Cuatro Rayas. 

Poderán presentarse ao galardón os traballos encadrados en calquera xénero xornalístico escritos en español que foran publicados ou emitidos en medios de comunicación impresos, dixitais, radio e televisión de calquera localidade do territorio estatal entre o 1 de decembro de 2017 e o 9 de novembro de 2018. Os traballos deberán referirse á importancia do bo uso da lingua castelá nos medios de comunicación social, á defensa, extensión e pervivencia desta lingua ou á correcta utilización da linguaxe nos mesmos.

Os traballos deberán enviarse, por correo certificado, á dirección APV (Premio Nacional de Periodismo Miguel Delibes). Apartado de Correos 401. 47080 Valladolid. O prazo límite para a recepción dos traballos será o 15 de novembro de 2018, téndose en conta a efectos de recepción de orixinais a data do mataselos.

Máis información nas bases do premio.