XXVII Premio de Xornalismo Europeo “Salvador de Madariaga”

Do ao

Información de contacto:

Representación de la Comisión Europea en España
Servicio de Prensa
Paseo de la Castellana, 46
28046 Madrid

A Representación da Comisión Europea en España e a Asociación de Xornalistas Europeos, co apoio da Oficina de Información do Parlamento Europeo en España convocan a XXVII edición do Premio de Xornalismo Europeo Salvador de Madariaga.

O galardón ten como obxectivo recoñecer o labor dos xornalistas dos medios de comunicación españois que, nos 5 anos anteriores á data de publicación da presente convocatoria, contribúan -dentro dalgunha destas tres categorías: prensa escrita, radio e televisión- a mellorar o coñecemento da integración europea e das políticas europeas.

Poderán presentar as candidaturas persoas ao servizo ou en representación de asociacións de xornalistas, medios de comunicación, facultades e escolas de xornalismo, así como profesionais das humanidades e das ciencias sociais. Poderán presentarse candidaturas en nome de terceiros.

As candidaturas deberán presentarse antes das 20:00 horas do 26 de marzo por correo ou por servizo de mensajería, ou entregarse en man no seguinte enderezo: Representación de la Comisión Europea en España. Servicio de Prensa. Paseo de la Castellana, 46. 28046 Madrid, indicando a referencia "Premio de Periodismo Europeo «Salvador de Madariaga» 2021 COMM/MAD/2021/02", usando o formulario disponíbel na web.

Máis información na web do premio